venres, 11 de setembro de 2015

Grande atrevemento!

Nestes días convulsos unha manda de cativos de 10 e 11 primaveras andan a ser dirixidos polos seus representantes legais (nais, pais e titores) para facer un filme sobre Castelao e Pontevedra.

A Anpa Joaquín Costa do CEIP Álvarez Limeses organiza a realización coincidindo co centenario da vida de Castelao a Pontevedra para tomar posesión da praza de funcionario gañada por oposición no servizo de estatística do Ministerio de Hacienda español en Pontevedra.

Dende este "blog" imos informar sobre as historias que vai dar esta iniciativa, de momento é certo que a dirección vai ser de Ticiana Ghiglione Darriba e o guión de Juan M. Pérez Nartallo.

Síguenos!