sábado, 30 de abril de 2016

D. RAMÓN CABANILLAS RESUCITA EN PONTEVEDRA

Chegáronnos unhas fotos que son a proba de que o ilustre poeta cambadés, Ramón Cabanillas resucitou en Pontevedra. É claro que trovador tan afouto e arrichado non debe morrer.


"A língua é o noso escudo. Ninguén, sexa a que sexa aforza asoballante en que se encoste e o poder de que dispoña, conquerirá trocar a espiritualidade dun pobo sen afogar a súa fala, que é a chave da porta da súa libertade e o facho que alumea o seu roteiro de eternidade".

GUIÓN DO CAPÍTULO "PAZÓ"

Puido ser

Capítulo Pazó

Personaxes: Castelao, acompañane 1, acompañante 2, Sr. Pazó.
Localizacións: Chancelas,

ESCENA 1

No garaxe onde se garda o Renault Frères entran Castelao e acompañantes.
O Sr. Pazó está na parte dianteira do coche tumbado sobre o motor.

Castelao.- Boas tardes Sr. Pazó. Que, mirándolle os dentes...

Sr. Pazó.- Boas señores. Procuro ao culpábel dun ruidiño que non me deixa durmir.

Acompañante 1.- (con sorna) Seica cando vai durmir ten o automóbil aceso!

Sr. Pazó.- Non home non, o auto fica apagado, mais sigo a matinar no asunto até na cama.

Castelao.- Esas cismas non lle son boas. Palabra de médico! Ollen ese auto, o que tanto medo metía cando corría.

Sr. Pazó.- Vouno poñer en marcha. (O pon en marcha durante uns segundos).

Acompañante 2.- Porque non proba a dar un paseo cun dos seus velocípedes, asi esquecería os caprichos do motor de explosión.

Sr. Pazó.- Seguramente sería bo, mais me produce unha tremenda taquicardia só pensar en dar pedal. Habendo motores...

Castelao.- Iso tampouco é bo. Atención, a saúde é o primeiro, fagan coma min, transporte público, carrilanas e trens, sábese cando saen pero non cando chegan, método eficaz para aprender a ter paciencia.

ESCENA 2

Plano dende o lateral do garaxe a contraluz. Escoitase a conversa que se desenvolve no interior.

Sr. Pazó.- Ora ben, se algún de vostedes quere probar...

Acompañante 2.- Non insista máis que boas ganas tiña eu de saír voando nun destes trebellos.

Sr. Pazó.- Pois veña, suba suba.

Acompañante 1.- Non sei, parece que non o vai ter fácil.

Sr. Pazó.- Sen medo o!

Castelao.- Ai ai ai que aquí estase a fraguar algo grave.

Grande rebumbio, voces alteradas.- Pero teña coidado. Ai mi madriña! Subir subiu vivo, mais non sei se baixará así.

Saen correndo do garaxe Castelao, o Sr. Pazó e o Acompañante 1, detrás o velocípedo alcraquenado co Acompañante 2 enriba.

Acompañante 2.- Socorroooo. Que alguén me asista!


FIN

NOVA SUFRAXISTA PREPARADA

Aquí temos a outra sufraxista preparada para saír a rúa en defensa do dereito das mulleres a elixir e seren elixidas.


martes, 19 de abril de 2016

PRÓXIMO SÁBADO 23 GRAVACIÓN DO CAPÍTULO ESTATÍSTICA E ESCENAS 1, 2, 3, 5 E 6 DE SUBTRAMA

O próximo sábado 23 de abril terán lugar no antigo edificio de Hacienda en San Francisco as gravacións seguintes:

De 10.00 a 14.00 gravación do capítulo "Estatística" cos seguintes intérpretes:

Erik Iván A. A., 5º A, Conserxe.
Gabriel F. A., 5º A, Don Manuel.
Ignacio G. C., 5º A, Castelao.
Miguel R. F., 5º A, Don Donato.

De 16.00 a 19.00 gravación das escenas 1, 2, 3, 5 e 6 do capítulo "Subtrama" cos seguintes intérpretes:

Carlos de C. G., 6º A, acompañante do ministro.
Marcos M. B., 6º A, acompañante do ministro.
Laura M. C., 6º B, Leandro.
Duarte M. R., Comisario.

Deben vir correctamente caracterizados para facer o seu papel.

Moitas grazas.

sábado, 16 de abril de 2016

O SR. ANTONIO BLANCO PORTO

A falta de algúns retoques no seu "look" recibimos con agrado a foto que nos envía a intérprete que fará de Antonio Blanco Porto, quen se porá ao fronte do "Coro" no filme.
descoñecemos polo momento cales serán as melodías escollidas polo director para as intervencións das voces pontevedresas.
Laralaralaralara...

RODAXE NO IES VALLE INCLÁN

Primeiro día de rodaxe de "Puido ser".
Os 8 intérpretes convocados para participar no capítulo "Instituto" xa coñecen as dificultades de tan inxente laboura.
Hoxe o mal tempo que non da tregua fixo imposíbel realizar toma ningunha nos xardíns e alameda, polo que o traballo limitouse as escenas na escada principal do edificio.
Dentro de dous ou tres días colgaremos neste blog, algún dos cortes gravados.
Estade atentos.

xoves, 14 de abril de 2016

MÁIS PERSONAXES, DE NOVO CASTELAO E UNHA SUFRAXISTA

É moi doado facer este blog coas vosas aportacións.

O Castelao que aparece no capítulo "Museo" 


E que dicides desta muller vangardista de hai 100 anos


BRAVO!!!

mércores, 13 de abril de 2016

RESULTADOS DO 1º CONCURSO

A resposta acertada era que eses cadros de grande formato sobre cegos foron un encargo que recibiu Castelao para estar expostos no Hotel de Mondariz-Balneario. Así:

A taza é para Manuel Álvarez por ser o máis rápido en contestar.

As chanclas para Beatriz Calvo

e o xogo de pinturas para Javier Montes


Noraboa!

Os premios podedes recollelos á saída do cole este venres 15, pedíndollos ao presidente da Anpa no patio. E seguide atentos este blog porque en breve un novo concurso con mellores e espectaculares premios. Iso si, con preguntas máis difíceis, aínda!

luns, 11 de abril de 2016

CASTELAO, PROFESOR DE DEBUXO NO INSTITUTO

Aquí temos as primeiras imaxes de Castelao como profesor de debuxo no instituto de Pontevedra. Só é o comezo.

   

Quen é quen?

SÁBADO 16, COMEZAMOS AS GRAVACIÓNS

O próximo sábado día 16 comezamos as gravacións do filme "Puido ser" coa convocatoria ás 11.00 hs diante do IES Valle Inclán (Av. Montero Ríos, s/n, Pontevedra) dos intérpretes do capítulo "Instituto".

Son:
Duarte M. R., 5º B, Comisario
Samuel P. G., 5º B, Castelao
Clara S. N., 5º B, Estudante arrepentido
Sara A. D., 6º A, Home
Uxía A. C., 6º A, Billardeira
Claudia R. P., 6º A, Billardeira
Genet D. R., 6º B, Sra. 1
Iria P. G., 6º B, Sra. 2

Lembren que tedes que acudir coa vestimenta do voso personaxe, e puntuais. Repasade os vosos diálogos.

Moitas grazas


COMO BUSCAR UN GUIÓN DETERMINADO NO BLOG

Ante as dúbidas suscitadas en como localizar un guión determinado ou calquera outra publicación neste blog, o procedemento é moi sinxelo: no ángulo superior esquerdo hai unha ventaniña cunha imaxe dunha lupa, alí escribiremos a palabra do título do guión que buscamos e logo de pulsar a tecla "enter" aparecerá no momento o guión.

Se tedes calquera outra cuestión, por favor chamade por teléfono ao 626 400 003 ou deixade un comentario.

Moitas grazas

sábado, 9 de abril de 2016

NORABOA A TODAS E TODOS E CONCURSO

Noraboa a toda a comunidade educativa do CEIP Álvarez Limeses.
Este blog superou o millar de visitas!!!

Para celebralo imos comezar unha serie de concursos nos que se poden gañar diversos obxectos. Para participar só teredes que facer un comentario a esta publicación coa resposta correcta á pregunta que faremos. Os tres primeiros que contesten con acerto, serán os gañadores.

O primeiro premio hoxe é unha taza para o almorzo:


O segundo premio, unhas chanclas Hawaiian Tropic da talla 36/38:


E o terceiro premio, unha caixa con lápises de cores:


En canto teñamos as respostas e as/os gañadoras/es se fará público neste blog xunto coa resposta correcta e o lugar e día de entrega dos premios.

E a pregunta deste primeiro concurso é: Castelao pintou tres grandes obras propiedade da Real Academia Galega que están cedidas ao Museo de Pontevedra, e que este exhibe. Para que hotel foron realizadas esas obras? (ui que doada!).

Agardamos as vosas respostas acertadas!

O PRÓXIMO SÁBADO 16 DE ABRIL DE 2016 COMEZAN AS GRAVACIÓNS

MOI IMPORTANTE

O PRÓXIMO SÁBADO 16 DE ABRIL DE 2016 COMEZAN AS GRAVACIÓNS. As/os intérpretes serán avisados o máis tarde o próximo martes. Os primeiros capítulos que se rodarán será "Instituto" ou "Estatística". Estade preparados as/os intérpretes deses capítulos para acudir coa vestimenta a utilizar no filme, o día e hora sinalados. Sede puntuais para evitar demoras innecesarias.


ALEA JACTA EST !

martes, 5 de abril de 2016

MARGARET DUMONT

Margaret Dumont dálle a réplica a Groucho Marx na escena do filme ao que Castelao e Virxinia acuden perseguidos e vixiados no capítulo "Marx". A Sra. Dumont xa está a prepararse para a velada.


Aínda que leva unha pel, non se puxo todos os seus enfeites. Recoiro!

CONDUCTOR DO OPEL 1.2 L

No capítulo "Cruces", Castelao é levado nun automóbil Opel 1.2 L a ver un cruceiro. Aquí temos ao conductor que levará ao noso insigne persoeiro.


Na época non faltaba o bigote, así que non hay que afeitalo!

venres, 1 de abril de 2016

CHOFER DO PANHARD & LEVASSOR X18 TORPEDO A PUNTO

Como podedes ver na fotografía xa case temos preparado para traballar ao chofer do automóbil Panhard & Levassor X18 Torpedo de 1912 que sae no Capítulo "Gaiolas douradas", e que porá a D. Ramón María del Valle Inclán moi enfadado.


Só precisa unha gorra de plato, uns lentes polas altas velocidades do automóbil, unhas luvas e que se deixe crecer o bigote!