luns, 14 de marzo de 2016

SUFRAXISTAS

SUFRAXISTAS

Está de revisión o movemento sufraxista cun filme en carteleira (http://www.filmaffinity.com/es/film904562.html) e polas exposicións do 8 de marzo (Día internacional da muller).
O sufraxismo reivindicaba o dereito ao voto das mulleres (sufraxio activo) e a ser votadas (sufraxio pasivo). No estado español foi recoñecido pola Constitución republicana de 1931, producíndose a primeira votación das mulleres en novembro de 1933.
En "Puido ser" unha manifestación sufraxista percorre as rúas de Pontevedra diante do mesmo comisario de policía, véndose este impotente ante magna demostración. Está no capítulo Subtrama (aínda sen colgar neste blog).
Aquí dúas referencias ao sufraxismo nunha exposición de rúa sobre o 8 de marzo que está diante da Audiencia Provincial.

Ningún comentario:

Publicar un comentario