mércores, 1 de xuño de 2016

MÁIS GRAVACIÓNS, O SÁBADO NA SEGUNDA CASA DO COLE E XEVE


Continuamos a gravar, o pasado sábado no Teatro Principal fixemos o capítulo homónimo e as escena da proxección do capítulo "Marx".

E a partir de agora si que hai que correr de verdade.

O vindeiro sábado gravaremos o capítulo "Os dous de sempre". A escena 1 nas campas de Fragoso en Santo André de Xeve, onde dous burriños e un home cego van darlle unha lección de vida ao noso xa querido e entrañable Castelao.
E unha grande nova é que, conseguimos grazas a este proxecto de film darlle utilidade á segunda casa do colexio, e que está abandonada no núero 11 da rúa Joaquín Costa. Aló rodaremos unha escena deste capítulo, e en próximas datas o capítulo completo "Casa".
Polo menos, aínda que seguimos na teima de recuperala para actividades docentes do colexio e da comunidade, xa lle imos dando uso.

Pronto colgaremos ligazóns con curtas na canle "youtube".

Ningún comentario:

Publicar un comentario