luns, 6 de xuño de 2016

RODADO O CAPÍTULO "OS DOUS DE SEMPRE"

O sábado pasado puidemos rodar as dúas escenas do capítulo "Os dous de sempre", grazas a unha mellora no tempo atmoférico, en Fragoso (Xeve) cunha memorábel actuación de dúas artistas convidadas, Cuca e Ruperta, nos papeis de Pedriño e Rañolas, acompañantes do aldeán cego que conversa cun Castelao campestre e rural.
Na segunda casa, a que está a carón do cole, rodamos a escena na que Virxinia desperta a Daniel dese soño.

Estade moi atentas/os, pois nesta semana colgaremos os guións dos capítulos que faltan por dar a coñecer,"Casa", "Coro", "Galeguista", "Pintor" e "Río". E xa poderemos dar un calendario das gravacións máis importantes deste mes: a manifestación sufraxista, as escenas do coro, as escenas de "Gaiolas douradas", "Museo" e "Pintor".

Ningún comentario:

Publicar un comentario