xoves, 10 de marzo de 2016

GUIÓN DO CAPÍTULO "GAIOLAS DOURADAS"

Puido ser

Capítulo Gaiolas douradas

Personaxes: Castelao, Alexandre Bóveda, Condesa de Pardo Bazán, chofer, acompañantes (3), Valle Inclán.
Localizacións: Rúa Michelena (diante do número 30) e rúa San Nicolás.

Automóbil Panhard & Levassor de 1912.

ESCENA 1

Castelao vai pola rúa Michelena na altura do número 30 falando con Alexandre Bóveda.

Castelao.- Amigo Bóveda, como é posíbel que viaxando Pontevedra nun vagón de terceira tiñamos aquí aos paxaros dinásticos moradores das gaiolas?

Bóveda.- Todo é por o reparto da riqueza, seguramente esas familias están onde están porque é o lugar máis acaído para desenvolver as súas capacidades económicas...

Bucinzaos dun coche que se deten doutra beira da rúa, sae o chofer e vai abrir á porta, descenden varias mulleres, entre elas Emilia Pardo Bazán.

Emilia Pardo Bazán (Como chamando a alguén ao lonxe a berros).- Mozo, mozo...

Bóveda.- Cada vez que vexo a esta señora, parece que vexo a media Galicia.

Castelao.- Non sexas malo Alexandre que eu a coñezo.

Bóveda.- Sorte que tes!

Os dous sorrín.

ESCENA 2

Planos de lonxe. Diferentes rúas de Pontevedra, Castelao e Bóveda seguen o seu paseo e se encontran con Valle Inclán, saúdanse e este os acompaña.


ESCENA 3

Subindo pola rúa San Nicolás, Castelao vai andando e parolando con Bóveda e Valle Inclán. Vese vir o auto anterior dende a parte superior da rúa, cando está chegando a súa altura fai soar a bucina e pasa sen deterse, os tres homes teñen que apartarse para non seren atropelados.

Valle Inclán (Ollando para o coche e axitando o bastón).- Deus bendito! Así te leve o demo!

Bóveda.- Aí vai a fortuna deste pobo.

Castelao.- Señores non pensen mal, seguramente non lle van ben os freos.

Valle.- Freos... Irrefrenábel é a miña cólera. Cunha espada na man e ese vil diante, verían que correría aínda máis.

Castelao.- Vaia! Non lle chegou con perder un brazo...

Bóveda.- Non se alporice Don Ramón, que foi incidente menor.

Castelao.- Eses habitantes das gaiolas douradas da Caeira, Poio, A Parda e Lourizán, non teñen consideración de nós.

Fin





Ningún comentario:

Publicar un comentario