martes, 29 de marzo de 2016

RENAULT FRÈRES de 1901. Matrícula PO-2

Este coche propiedade da familia Pazó de Pontevedra é un dos automóbiles máis antigos de Galiza. Aparece no Capítulo Pazó. Segundo contaba o Sr. Pazó aos seus fillos, que fora na realidade alumno de debuxo de Castelao no instituto, o coche foi fabricado en 1901.
Os Pazó tiñan unha empresa de fundición nos terreos que hoxe ocupa o edificio das barcas nas Corbaceiras, alí fabricaban motores para embarcacións e diferentes pezas de ferro como os norais que están no peirao das Corbaceiras. Tamén fixeron diferentes biciclos como o da foto, que tamén sae no filme.

   115 anos, si 115, e funciona!


Ningún comentario:

Publicar un comentario