xoves, 31 de marzo de 2016

GUIÓN DO CAPÍTULO "INSTITUTO"


Puido ser

Capítulo Instituto

Personaxes: Castelao, home, señora 1, señora 2, estudante arrepentido, billardeiras, Sr. Comisario.
Localizacións: Entrada do Instituto Valle Inclán e escaleiras. Xardíns nos arredores do Instituto.

ESCENA 1

Un señor e dúas señoras van polos xardíns, ven a Castelao asomado nunha fiestra alta.

Home.- Ollen aló arriba. É o Sr. Castelao.

Saúdan cos brazos e chapeus, Castelao contestalles dende a fiestra.

ESCENA 2

Plano dende o exterior da porta de entrada ao edificio do Instituto Valle Inclán. O home e as mulleres entran no edificio.

ESCENA 3

Interior da sala de entrada ao Instituto, Castelao baixa as escaleiras, estreita as máns dos recén chegados.

Castelao.- Bos días. Que, disfrutando dos xardíns?

Home.- Faláballe ás señoras das súas cualidades como ilustrador.

Castelao.- Agardo que ben.

Señora 1.- Eu xa lle vin algunha cousa debuxada, creo que foi nalgures... en Compostela.

Castelao.- Si, botei uns anos buscando a vocación.

Achégase un estudante por detrás deles e Castelao se vira.

Castelao.- Carballo! Que foi?

Estudante.- Quería falar con vostede.

Castelao.- Pois xa está a falar.

Estudante.- Non puden presentar o traballo, quero dicir que non... (dubida), ben que non o fixen porque fun a aldea e andiven ás moras.
Castelao.- Demo! Aínda non escoitara unha desculpa como esa. E estaban boas?

Estudante.- O que?

Castelao.- As moras.

Estudante.- É que... perdinnas, caéronme no río cando cruzaba.

Castelao.- Meu Deus! É unha desculpa ben imaxinaria. En fin, pode presentar o traballo a próxima semana.

Estudante (sorrindo feliz e marchando).- Grazas, moitas grazas.

Señora 2.- Ja, ja, ja. Coitadiño, nun intre pasou do abatimento á felicidade.

Van saíndo do edificio. Castelao olla ao lonxe unha parella de mulleres xogando á billarda.

Castelao.- Desculpen uns minutiños, creo que me vai prestar xogar un pouco de billarda.

Home.- Non é perigoso? Podería darlle a alguén.

Castelao (alonxándose).- Perda coidado. Como funcionario de estatística asegúrolle que a posibilidade de acertar a alguén é unha entre un millón.

Vai xogar a billarda. Co seu primeiro golpe a billarda sae polo aire e vai impactar na cachola do Comisario. Este bota mán á cabeza e revírase. Castelao entrega o palán ás billardeiras e afástase rápido.

FIN

Ningún comentario:

Publicar un comentario