Na procura de lugares para as escenas do filme, encontramos lugares do patrimonio de todos que están nunha situación lamentábel. Aquí imos deixar constancia de algúns destes lugares.
No capítulo Cruces (aínda non colgado), Castelao vai a ver un cruceiro. Este cruceiro terá que ser un do Concello de Pontevedra.
Onte fumos ver o de Lérez, que debuxou o artista en "As cruces de pedra na Galiza". O cruceiro segue aló, pero está inclinado, rodeado de varios galpóns feitos de bloques de cemento, cun poste de cemento a un metro dele e sobrevoado dunha multitude de cables. Podedes ver na foto que foi tirada a contraluz para poder ver os cables.
Tamén fumos en busca dos de Campañó. Atopamos un, que non está tan rodeado, pero se escollemos este non poderemos facer planos xerais. Pincharemos a imaxe do cruceiro e o resto da escena ten que ser noutra localización.
Ningún comentario:
Publicar un comentario