xoves, 10 de marzo de 2016

GUIÓN DO CAPÍTULO "OS DOUS DE SEMPRE"

Puido ser

Capítulo os dous de sempre

Personaxes: Castelao, aldeán con dous burros, Virxinia.
Localizacións: Campo, sala da casa de Castelao.

ESCENA 1

Castelao está sentado no campo a escribir o conto “Os dous de sempre”. Le (con voz en off) unha liñas.

Castelao.- “Pedriño calaba, baixando as orellas; mais axiña volvía polo seu amigo Rañolas, tratando de meterllo polos ollos á vella, con verbas acuguladas de sentimento”.

Achégase un home que ven tirando de dous burriños.
Castelao ergue a vista cara ao recén chegado.

Castelao.- Boas tardes. (erguéndose)

Aldeán.- Moi boas si.

Castelao.- Anda de paseo ou de traballo, cos solípedes.

Aldeán.- Como di?

Castelao.- Pregúntolle polos burros.

Aldeán.- Aaa, ten que me desculpar, non lle teño moitas letras.

Castelao.- Oia, e teñenlle nome os burriños?

Aldeán.- Si señor. Como iban a saber eles a quen lle falaba se non tiveran nome. Este é Pedriño e o de aló, chámase Rañolas.

Castelao (moi sorprendido).- Como di?

Aldeán (moi tranquilo).- Pedriño e Rañolas.

Castelao.- Pero... pero. Non pode ser certo. Non dou creto.

Aldeán (agora o sorprendido e o aldeán).- Válame Deus, a vostede non o transtonarían tantas letras, que desvaría.

Castelao pasa por diante do home fitando para ele.

Castelao.- Vostede é... non pode ver.

Aldeán.- Non, eu sonlle cego, ver podo porque estes animaliños son os que me din por onde debo ir.

ESCENA 2

Castelao deitado nun sofá, é sacudido por Virxinia.

Virxinia.- Daniel, Daniel, esperta, acouga o! Sentouche mal o xantar?

Castelao (acordando).- Pero non estou nunha aldea?

Virxinia.- Si, si nunha aldea grande, Pontevedra. Levas un tempo dicindo: Pedriño Rañolas, Pedriño Rañolas, pero quen son eses?

Castelao.- Quen van ser muller? Os dous de sempre. Demo de rapaces!

Fin




Ningún comentario:

Publicar un comentario