Capítulo retrato da filla enferma
Personaxes: Castelao, grupo nunha mesa da cafetería diante de cafés e vasos de
auga (catro ou cinco), Bastián, nai e filla en cama.
Localizacións: Café Moderno (Praza de San Xosé), interior dun cuarto.
ESCENA
1
Plano de lonxe dentro do Café Moderno. Castelao e outra xente están arredor
dunha mesa do café, ao pouco tempo Castelao érguese.
Plano curto sobre o grupo. Castelao comeza a poñerse o gabán e despídese
dos contertulios.
Castelao.- Xa son horas, que vai rematar o domingo e mañá hai traballo.
Boas noites.
O grupo, sen levantarse.- Boas noites.
Castelao achégase ao colgador onde colle o seu chapeu e o bastón, en
segundo plano aparece Bastián.
Castelao.- Que foi, Bastián?
Bastián.- Don Afonso, hai unha muller na porta que lle quere falar...
ESCENA
2
Porta do Café. Unha nai agoniada refirelle:
Nai.- Don Afonso, se vostede puidera... Miña filliña está na cama moi
enferma e...
Castelao (lembra que é médico).- Mais eu non lle teño moita práctica,
levo dende non sei cando sen exercer os meus estudos...
Nai.- Se fixese o favor, é tan importante para min. Eu quería un
retrato da miña filla.
(Expresión de sorpresa de Castelao).
ESCENA
3
Cuarto con pouca luz e a filla encamada, nun lateral Castelao sentado
nunha cadeira está a facer no seu caderno o retrato da enferma, a nai aos pés
da cama vaise achegando para ver como vai a encomenda.
Despois dun tempo sen falar, Castelao remata o asunto e entrega á nai o
debuxo.
A nai despois de miralo ben di:
Nai.- Ai! Miña filliña, non se parece nada. Señor, non se parece nada.
Fin
Ningún comentario:
Publicar un comentario